Axenda
Este mesmaio, 2024
Roteiros
maio
18mai08:3021:30O Iribio: terra, historia, poesíaRoteiros de Primavera 2024
A Serra do Iribio, na antesala do Courel, é outro espazo singular ameazado pola ofensiva dos macroeólicos. Nesta andaina -que é o noso segundo intento de camiñar polos
A Serra do Iribio, na antesala do Courel, é outro espazo singular ameazado pola ofensiva dos macroeólicos. Nesta andaina -que é o noso segundo intento de camiñar polos cumes da serra- lembraremos os poetas Uxío Novoneyra e Fiz Vergara, así como o primeiro trobador galego-portugués coñecido, Martim de Padrozelos.
Andaina longa (13 km) por terreo sen grandes complicacións. Actividade de mañá e tarde. Transporte desde Betanzos e merenda-cea en Samos. Prezo (transporte e merenda-cea): Persoas socias: 39 € Non socias: 50 €. Até 18 anos: 20 €. Percurso alternativo no caso de tempo desfavorábel.
Máis
18 maio 2024 - 08:30 - 18 maio 2024 - 21:30
ASINA en Change.org o MANIFESTO VILLALTA - Polo reencontro didáctico entre a música...
A Serra do Iribio, na antesala do Courel, é outro espazo singular ameazado pola...
No comezo da andaina polas terras da Ulhoa, o professor e escritor Marcos Abalde...
Iñaki Gil de San Vicente é profesor e pensador. Vasco e marxista, é habitual...
Coa guía de Marcos Abalde queremos lembrar este crucial acontecemento localizado...
Ás 18 horas, antes da proxección en Betanzos do filme, o seu director conversa...
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal