Roteiros de Outono 2023, Roxín Roxal.
A Serra do Iribio, sita na antesala do Courel entre os concellos de Samos e Triacastela, é outro espazo singular de grande valor ecolóxico e histórico ameazado pola ofensiva dos macroeólicos. Neste roteiro paisaxístico e literario lembramos os poetas Uxío Novoneyra e Fiz Vergara, así como o primeiro trobador galego-portugués coñecido, Martim de Padrozelos.
Acompáñannos Pedro Rodríguez López e Benxamín Balboa.