Preparémonos para un roteiro moi especial por terras de Monte Alto. Da man de Xurxo Souto, Fernando Patricio e Milucho Mariñas percorreremos cada rocha, cada enseada e cada punta da máxica costa da península Torre. Aprenderemos a talasonimia da zona, os nomes das praias, das penas , dos cons e os illós que bate o mar. Saberemos dos naufraxios, recentes e antigos, que tiveron lugar nesta costa, moitos dos cales aínda ecoan na nosa memoria. Coñeceremos a vida e os trafegos dos pescadores e dos percebeiros destas ricas e perigosas augas. Será un baño de autenticidade na zona máis brava da nosa querida Coruña, faro de Galiza.
Sábado 26 (ollo!) ás catro e media da tarde no aparcadoiro da torre. Ao remate non faltará a festa: poderemos ir tomar algo e botar unhas cantigas ao Club do Mar. Informarémosvos no mesmo roteiro.
Fotos da Torre e arredores. clica para alargar.