Interesantísimo plan para este sábado 22 de xullo, xornada de reflexión.
As Asociacións Culturais O Galo e Vagalumes rememoran cada ano o discurso Alba de Gloria (Castelao) no Pico Sacro. Este ano a asociación convidada é Roxín Roxal. O programa da mañá, que comezará no Pico Sacro ás 12:00 horas, completarase con actividades de tarde.
Este vindeiro sábado, 22 de xullo de 2023 ás 12h, un ano mais, a AC O Galo e a AC Vagalumes celebran a LECTURA DO ALBA DE GLORIA DE CASTELAO NO CUMIO DO PICO SACRO. Con esta lectura lembramos a subida a este monte de Castelao e un grupo de amigos seus, algúns deles membros das Irmandades da Fala. Alba de Gloria está considerado como un dos mais fermosos textos da literatura galega e o noso grande político e artista escribeuno cando xa estaba exiliado en Bos Aires.
Estas convidad@ a asistir á lectura do Alba de Gloria, así como ás actividades que levaremos a cabo ao seu remate e non precisas anotarte. Asemade, podes traer contigo a a cant@s acompañantes que consideres.
PROGRAMA do día da lectura do ALBA DE GLORIA, SÁBADO 22.07.2023
12:00h: Benvida aos asistentes e intervención do escritor LOIS DIÉGUEZ
12:45h: Subida ao último treito do cumio do Pico Sacro, para ler o Alba de Groria de Castelao. Xa no petouto, as AC. Vagalumes e AC. O Galo, leran Alba de Groria, sendo a asociación invitada a lela xunto con elas a AC. Roxin Roxal de Paderne, tamén integrante da Federación Galiza Cultura. [É unha subida certamente empinada, pero curta].
13:30h: Visita á chamada cova da Raiña Lupa.
15:00h: Xantar na carballeira das insuas de Gres. Cada quen levara a súa comida, bebida e os aparellos necesarios para comer.
17:00h: Saindo do Campo do Rio (pertísimo das insuas) faremos a pé a ata Donas o “Roteiro dos Pescadores” (encol de 5Km) que decorre á beira do rio Ulla. É chan, con sombra e moi doado de camiñar.
19:30h: Veremos o nacemento das augas sulfúricas da aldea de Donas (“as augas“santas”) e, de poder ser, a chamada Casa das Donas.
Podedes asistir a todas as actividades programadas, ou únicamente ás que consideredes.