Axenda
Este mesdecembro, 2024
Roteiros
Anotarse para esta actividade nos correos ola@roxinroxal.gal ou roxinroxal@yahoo.com, entre o 16 de maio, ás 10:00 da mañá, e o 28 do mesmo mes. Atención: percurso de dificultade media, debido a pequenos tramos de baixada medianamente complicados. Levar calzado apropiado para a humidade. Bastón ou caxata imprescindíbel!
Partindo da igrexa de San Xoán de Vilamourel seguimos percorrendo espazos naturais como o extraordinario conxunto das fervenzas do Batán e coñecendo experiencias e iniciativas vitais para o desenvolvemento sustentábel do noso concello e a nosa comarca. Dúas son as iniciativas empresarias que visitaremos nesta ocasión: Queixos Cagiao e Seitura, agricultura sustentábel.
Este percurso é a segunda parte do organizado en 2019, no que percorremos varias parroquias do Concello de Paderne e entramos en contacto con persoas e iniciativas dedicadas a manter o rural vivo e san.
O percurso contará coas medidas de protección ante a pandemia: límite de participantes, grupos reducidos, uso de máscara obrigatorio. Prazas limitadas. Prazo da anotación entre 16 (10 da mañá) e 28 de maio nos correos da Asociación.
Atención: percurso de dificultade media, debido a pequenos tramos de baixada medianamente complicados. Levar calzado apropiado para a humidade. Bastón ou caxata imprescindíbel!
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal