Axenda
Este mesxaneiro, 2025
Roteiros
Pechadas as inscricións
Os recentes descubrimentos arqueolóxicos no Val do Frade (Vilachá de Salvadur, Ribeira Sacra) serven de motivo para camiñar de novo por esta parroquia do concello da Pobra do Brollón, neste roteiro de mañá e tarde. Coas explicacións do arqueólogo e técnico de cultura Xosé Gago, visitaremos tamén unha adega e xantaremos nun furancho da localidade.
Preinscrición na páxina web roxinroxal.gal até 18 de maio.
Prezo combinado do transporte e xantar: 30 € (soci@s), 40 € (non soci@s).
A ACLP Roxín Roxal non cobra ningunha cantidade por esta actividade. Os gastos de preparación, publicidade, organización, visitas e guías comentadas corren a cargo do orzamento xeral da Asociación, que se nutre das cotas das persoas socias e das subvencións da Deputación da Coruña.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal