Axenda
Este mesnovembro, 2024
Roteiros
Con esta actividade de fin de semana Roxín Roxal quere contribuír á recuperación do Courel, comarca especialmente maltratada polo desastre ecolóxico deste verán, o maior incendio forestal rexistrado na historia de Galiza.
Día 8: Andaina comentada pola zona de Seoane (área non queimada). Visita á Fundación Uxío Novoneyra (Parada do Courel) e outros lugares de interese na localidade. Cea e aloxamento en Seoane ou proximidades. Día 9: Andaina comentada pola zona de Folgoso (área parcialmente queimada). Xantar na cantina O Pontón (Ferreirós). Visita comentada á Madeiroteca do escultor Urbano Arza (Folgoso) e a outras experiencias na zona.
Prezo combinado do transporte, seguro, aloxamento en cuarto duplo, cea do 8 e xantar do 9: 105 € (soci@s); 125 € (non soci@s); 50 € (menores de idade). Con aloxamento en cuarto compartido no albergue turístico de Folgoso, rebaixa de 10 € en cada modalidade. Preinscrición até o 3 de outubro. Saída do autocarro: Sábado 8 ás 08h30 de Betanzos (zona polideportivo). Chegada a Betanzos: Domingo 9 sobre as 21h00. horas.
ACLP Roxín Roxal non cobra ningunha cantidade por esta actividade. Os gastos de preparación, publicidade, organización, visitas e guías comentadas corren a cargo do orzamento xeral da Asociación, que se nutre das cotas dos socios e das subvencións da Deputación da Coruña.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal