Axenda
Este mesdecembro, 2024
Roteiros
Inscricións do 18 (10:00 horas) ao 30 de abril nos correos electrónicos da Asociación
ola@roxinroxal.gal ou roxinroxal@yahoo.com
Percurso de dificultade baixa polo Monte do Gato, un espazo natural mariñán ameazado polos proxectos de instalación de parques eólicos. Guiará o arqueólogo Anton Malde, xunto co naturalista Fernando Bandín. Debido á situación sanitaria, a actividade estará limitada a trinta participantes!
O lugar de encontro será a Praza do Concello de Oza dos Ríos, de onde partiremos nos coches até Sanmil, lugar de comezo do percurso a pé.
Reserva de praza: a partir do 18 de abril ás 10:00 horas da mañá, e até o 30 do mesmo mes, nos correos da asociación roxinroxal@yahoo.com e ola@roxinroxal.gal.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal