Axenda
Este messetembro, 2023
Roteiros
Pechadas as preinscricións. Está completo!
Os frescos e os relevos da igrexa de San Xulián de Moraime (Muxía) e a visita teatralizada ás Torres do Allo (Zas) son os principais motivos deste roteiro de mañá e tarde. Contamos coa presenza e a actuación do grupo de teatro Os Quinquilláns!
Saída do autocarro: Betanzos, zona polideportivo, 9:15 horas. Chegada de volta a Betanzos sobre as 21:00 horas. Límite de prazas. Prioridade soci@s. Dificultade baixa. Levar comida. Aboar transporte á empresa, directamente no autobús: 12 euros soci@s, 16 non soci@s.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal