Axenda
Este mesnovembro, 2024
Roteiros
A comezos do século XVI un grupo de monxas mantivo unha singular pelexa contra os poderes do seu tempo. Carme Varela, autora da peza teatral As desterradas e membro de O Sorriso de Daniel, guiaranos nesta rota por Albeos (Crecente) e a veciña localidade minhota de Melgaço.
Saída do autocarro: Betanzos, zona polideportivo, 8:30 horas. Chegada de volta a Betanzos sobre as 21:30 horas. Límite de prazas. Prioridade soci@s. Dificultade baixa. Levar comida. Aboar transporte á empresa, directamente no autobús: 15 euros soci@s, 20 non soci@s. É necesario preinscribirse aquí até o 1 de xuño. Dado que as persoas socias teñen prioridade, a inscrición definitiva será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal quere ser parte activa no renacer da Galiza consciente e orgullosa de si mesma, valoradora do seu pasado, da súa riqueza biolóxica, da súa lingua e cultura, do seu riquísimo e esquecido patrimonio. Somos unha asociación libre, independente e plural.
email: ola@roxinroxal.gal