Ola de novo a todos e todas!
Xa están aquí, outro ano, os Roteiros de Primavera de Roxín Roxal.
DE ARTEIXO A CAIÓN, ROTEIRO A MAR ABERTO. O primeiro deles terá lugar o próximo domingo 11 de maio. Partindo de Arteixo (ver arquivos anexos) iremos até Caión seguindo o camiño da romaría dos Milagres.
POLO CANÓN DO MANDEO. O segundo roteiro, que terá lugar o sábado 24 de maio (un día antes das eleccións do 25), será un percorrido fluvial polas beiras do Mandeo, polos concellos de Irixoa, Coirós e Paderne.
A DOMA DO REINO DE GALIZA. TRAS DOS PASOS DO MARECHAL PARDO DE CELA. O terceiro terá lugar a fin de semana do 7 e 8 de xuño, e discorrerá por terras de Mondoñedo e o Valadouro. Ao tratarse dun roteiro de dous días as prazas serán limitadas. Aloxarémonos no Seminario de Mondoñedo, e haberá que reservar praza con antelación, a través deste mesmo correo electrónico.
Vémonos nos roteiros. Saúde!