Este ano temos dous Roteiros de Outono, o primeiro “A Enerxía da Auga: percurso polos usos e aproveitamentos tradicionais do rio“.
Será o Domingo 18 de Setembro e sairá ás 9:30 horas diante da Sociedade Fillos de Ois, Fontelo, Santa María de Ois, Coirós.
Máis ou menos fica por aquí:
O segundo “Arquitectura e bosque.túnel da ribeira, roteiro lineal polo río Mandeo” será o Domingo 2 de Outubro con saída ás 9:30 desde Porzomillos (O Vinte) en Oza dos Ríos.
Que ven sendo pola estrada AC 840:
Para esta actividade procurai levar paus ou caxatos para facilitar a marcha.
Estas dúas actividades serán abertas e gratis. Non hai que se anotar e rematarán nun xantar colectivo para o cal cómpre levar a comida.
Finalmente dentro de Entender Galiza
Este ano faremos un percorrido por Campo Lameiro para visitar o Centro de Interpretación da arte Rupestre e os famosos petróglifos (algunhas fotos: Campo dos Cogoludos, Laxe das Fontaíñas, Fonte da Pena Furada, Laxe dos Carballos, Rotea de Mendo, Pedra da Serpe) e, de termos tempo, a Lapa de Gargantáns.
A visita será guiada polo arqueólogo Antón Malde. a data será o Domingo 16 de Outubro e a saída ás 8.00 horas desde o Polideportivo de Betanzos.
Cómpre se anotar antes do 9 de Outubro en roxinroxal@yahoo.com, as prazas son limitadas con prioridade a sócios e sócias.
O prezo é de 11 € para sócios e sócias e de 14 € para o resto da humanidade. O prezo inclúe transporte e máis a entrada no Centro de Interpretación e visita aos petróglifos.
Xantaremos nun lugar axeitado, preferibelmente a cuberto, mais tedes que traer a comida (e a bebida).