Tres serán os Roteiros de Outono deste 2024, a celebrar nos meses de setembro e outubro.
- Sábado 7 de setembro: O castro de Elviña, o castelo de Santo Antón e o ídolo de Paderne. Felipe Senén introdúcenos no pasado remoto da nosa bisbarra neste percurso pola cidade da Coruña. No museo arqueolóxico do castelo de Santo Antón exhíbese o ídolo de pedra atopado en Paderne en 1964. Roteiro de mañá con saída de Betanzos en autobús e volta ás 14h30 (aprox.). Prezo do transporte desde Betanzos e traslado interno na Coruña: 12 € (soci@s); 15 € (non soci@s); 7 € (menores). Preinscricións nesta mesma páxina web até 03/09/24. Prioridade persoas socias.
- Sábado 21 de setembro: O enigma das Penas do Castelo e o castro de San Lourenzo. O xacemento arqueolóxico das Penas do Castelo (Salcedo, Pobra do Brollón) é un dos máis enigmáticos dos descubertos, escavados e estudados en Galiza nos últimos tempos. Coa guía do arqueólogo Xosé Gago e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón, visitaremos tamén o castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa. Andaina doada. Roteiro de mañá e tarde, con regreso a Betanzos antes das 22h00. Prezo (transporte e merenda-cea no furancho O Currio): 35 € (soci@s); 45 € (non soci@s) 16 € (menores). Inscricións en roxinroxal.gal desde 07/09/24 até 18/09/24. Prioridade persoas socias.
- Sábado e domingo 5 e 6 de outubro: O nosso Porto, um olhar a partir da Galiza. O profesor Carlos Taibo acompáñanos neste roteiro pola capital do Norte. Un percurso de dous días derivado do libro O nosso Porto, (Através, 2024), deste recoñecido autor galego. Roteiro en preparación; máis información nas próximas datas.