Andaina da ACLP Roxín Roxal en maio de 2021. Vilamourel e Samede (Paderne): en menos de 2 km conviven Seitura, Cagiao e Beade, tres explotacións exemplares que crean riqueza e marcan o camiño para o desenvolvemento do noso rural. As fervenzas do Batán, o lugar de Teixeiro e o esquecido camiño dos Carboeiros son paraxes dunha riqueza natural extraordinaria, se ben ameazada pola masiva presenza especies invasoras.
Mónica e Esther, de Seitura; Ana, de Queixos Cagiao e Jose, de Adega Beade ilustraronnos coas súas explicacións. Fernando Bandín alertounos sobre os perigos que corre os espazos naturais de Teixeiro e as fervenzas do Batán, nas beiras do Mainzoso / Meizoso.