Apoiamos e participamos nesta emblemática actividade organizada pola veciñanza da Ulloa, que inclúe un xenial roteiro dramatizado. Ali fomos o 2 de setembro de 2017.

Son d’Aldea é uma atividade que desde hai anos se celebra a primeira fin de semana de Setembro en Santiago de Albá, (Palas de Rei). O obxectivo é lembrar, proxectar, dignificar e dinamizar a cultura rural a través dunha xornada de participación activa das persoas que alá se achegaren nese dia.