Roteiro reivindicativo “do negro ao verde” polo Monte Pindo
Sección | Actividades
Para imprimir o cartel, descarga o PDF |
Queremos devolverlle o verde ao Monte Pindo.
O sábado 28 de setembro de 2013, tres “marchas verdes” partirán simultáneamente ás 11:00 horas desde a Praza da Solaina (O Pindo, Carnota), o Supermercado As Cruces (Caldebarcos, Carnota) e da Área Recreativa do Fieiro (Mazaricos) para encontrarse finalmente na Laxe da Moa, no máis alto do Monte Pindo.
Traede calquera peza de roupa (chaqueta, sudadeira, camiseta…) de cor verde para devolvermos entre todos a vida a onde hoxe só hai morte, cinzas e desolación.
—
Asociación Monte Pindo Parque Natural
O Rabecho s/n, 15296 O Pindo (Carnota) A CORUÑA