Foi domingo 21 de maio. Os recentes descubrimentos arqueolóxicos no Val do Frade (Vilachá de Salvadur, Ribeira Sacra) serven de motivo para camiñar de novo por esta parroquia do concello da Pobra do Brollón, neste roteiro de mañá e tarde. Coas explicacións do arqueólogo e técnico de cultura Xosé Gago, visitamos tamén unha adega e xantamos nun furancho da localidade.
A ACLP Roxín Roxal non cobra ningunha cantidade por esta actividade. Os gastos de preparación, publicidade, organización, visitas e guías comentadas corren a cargo do orzamento xeral da Asociación, que se nutre das cotas das persoas socias e das subvencións da Deputación da Coruña.