Os Altos de Fontardión forman parte do rebordo montañoso que se inicia no Eume a partir dos 500 m. de altura. Por mor da súa grande altura (665 m.) e emprazamento no interior do Parque Natural das Fragas do Eume o lugar convértese nun miradoiro natural impresionante, cunha ampla panorámica as rías de Coruña, Ares e Cedeira, todo un luxo. O río Belelle nace nesta zona, ameazada ecoloxicamente, aproveitando a pendente e escorrentías, ao igual que unha frondosa fraga. Oculto na fraga atópase o lugar de Cernadas, un conxunto etnográfico que destaca pola cualidade construtiva da sua arquitectura tradicional e os aproveitamentos hidráulicos con algún acueduto pasmoso!
Antón Malde guiou o percurso.