Rematamos os Roteiros de Primavera 2022 con este percurso por San Xiao de Moraime (Muxía) e as Torres do Allo (Zas), con incursións polos Muíños do Río Negro e a área natural de Pedra Vixía. Nas Torres do Allo gozamos coa magnífica guía teatralizada dos Quinquilláns. Obrigado ao Concello de Zas polo seu apoio!










 
						    	     
						    	     
				             
					                

