O Mosteiro de Oia e o espectacular conxunto de petróglifos que inzan os montes veciños son o obxecto deste percurso, que finaliza cunha visita nocturna ás gravuras rupestres próximas ao castro da Cabeciña.
Despois de visitar o Mosteiro, encamiñámonos pola chamada Ruta Máxica de Oia e rematamos nunha visita nocturna ás gravuras. Antón Malde e outros guías locais comentaron o percurso.