O domingo día 31 de marzo imos (Fragas do Mandeo) celebra-lo primeiro rastrillo deste ano. Coma sempre, será o pé do palco da música, na praza do Campo de Betanzos. Empezaremos a montar ás 9:00 e esperamos ter todo recollido antes das 15:00. Se o tempo mellora algo, claro.
Durante o inverno recibimos máis doazóns, polo que temos bastante material. Actualmente, do único que se precisa son de libros de cociña, de novela galega e bixutería. Do resto xa temos bastante, polo que non fai falla rebuscar (pero non dubides en trae-lo que sexa antes de tiralo ó lixo).
Se te vas a achegar a botar unha man, por favor, avísame contestando este correo. E se pensas que a algún coñecido teu pode interesarlle achegarse para mercar algo, coméntallo.
Unha aperta,
Fernando Bandín
www.fragasdomandeo.org