O JailArt é o resultado dunha convocatoria internacional de arte postal no que artistas de todos os cantos do mundo enviaron mais de 250 obras en formato de postal e co tema principal do cárcere. Carlos Botana será o encargado de contarnos mais sobre o mail art e de como foi recibir arte no buzón durante estes meses.
Teremos tamén un momento para ler o manifesto S.O.S. Cárcere da Torre que leva recollidas mais de 1700 sinaturas e apoios de diversos colectivos e persoas do ámbito público, no que se demanda unha urxente acción para parar o deterioro deste edificio e a rehabilitación do mesmo para uso público e transformación en centro sociocultural e da memoria.
Durante todo o día teremos bar básico aberto e haberá un xantar comunitario onde podes traer algo de comer para compartir, e o espazo aberto de creación ao dispor de todas e todos os que queirades realizar propostas de música, arte, teatro, xogos…
Esperámoste!
Para mais información visita o noso blogue proxectocarcere.blogaliza.org ou envia email a proxectocarcere@gmail.com