Descripción
Actividade de tarde e noite na que, en colaboración coas Brigadas da Paisaxe, o paisaxista Bruno Prada e outros veciños da zona, percorreremos a braña da Boquela, un campo de mámoas e unha mina de auga con pozo que contén especies vexetais protexidas. Ao anoitecer, despois de merendar na Casa do Pobo do Freixo, visitaremos os petróglifos do Monte das Penas, recentemente interpretados polo arqueólogo Antón Malde, quen guiará o percurso.