Descripción
Preinscrición
A inscrición definitiva será confirmada por correo electrónico.
Os recentes descubrimentos arqueolóxicos no Val do Frade (Vilachá de Salvadur, Ribeira Sacra) serven de motivo para camiñar de novo por esta parroquia do concello da Pobra do Brollón, neste roteiro de mañá e tarde. Coas explicacións do arqueólogo e técnico de cultura Xosé Gago, visitaremos tamén unha adega e xantaremos nun furancho da localidade.
Saida do autocarro: 09h00 de Betanzos (zona polideportivo)
Preinscrición até 18 de maio. Prezo combinado do transporte e xantar: 30 € (soci@s), 40 € (non soci@s). Prioridade soci@s.
A ACLP Roxín Roxal non cobra ningunha cantidade por esta actividade. Os gastos de preparación, publicidade, organización, visitas e guías comentadas corren a cargo do orzamento xeral da Asociación, que se nutre das cotas das persoas socias e das subvencións da Deputación da Coruña.