Descripción
7 de setembro de 2025
As terras de Samos e o seu mosteiro beneditino de San Xulián gardan unha estreita relación con destacadas figuras das nosas letras. Feijoo, Cabanillas, Sarmiento, Murguía, Cunqueiro e os actuais Xabier Quiroga e Henrique Costas, autores de novela histórica, aparecen no reconto dos autores ligados a Samos.
Neste roteiro literario teremos a oportunidade de visitar o mosteiro con guía e intérprete propio e de asistir, para quen o desexe, a unha misa que inclúe canto gregoriano.
O historiador Xaime Fernández Castro guiará o roteiro.
Saída de Betanzos (zona polideportivo) ás 08h45. Chegada de volta ás 21h00. Prezo: 45 € socio@s. 60 € non soci@s. Xantar incluído no Restaurante A Veiga. Percorrido curto e sen dificultade.
Inscrición en roxinroxal.gal antes de 03/09/25