Descripción
PREINSCRICIÓNS ABERTAS ATÉ 24/10/23
Sábado 28 de outubro 2023
Saída do autocarro: 08:30 de Betanzos, zona polideportivo
A Serra do Iribio (tamén chamada Oribio), na antesala do Courel entre os concellos de Samos e Triacastela, é outro espazo singular de grande valor ecolóxico e histórico, tamén ameazado pola ofensiva dos macroeólicos. Neste roteiro paisaxístico e literario lembraremos os poetas Uxío Novoneyra e Fiz Vergara, así como o primeiro trobador galego-portugués coñecido, Martim de Padrozelos. Andaina de 13,5 km por terreo sen grandes complicacións.
Actividade de mañá e tarde. Trasporte desde Betanzos e merenda-cea no Restaurante A Veiga en Samos.
Prezo (transporte e merenda-cea): Persoas socias: 35 € Non socias: 45 €. Até 18 anos: 20 €. Roteiro con inscrición previa na páxina web roxinroxal.gal.
Prioridade persoas socias. Información actualizada nesta páxina web e nos enderezos electrónicos ola@roxinroxal.gal e roxinroxal@yahoo.com