Descripción
Domingo 5 de maio de 2024
Continuación e ampliación do frustrado roteiro do 9 de decembro pasado.
Doce anos despois, Roxín Roxal volve á península da Torre de Hércules para gozar xunto con Xurxo Souto do percurso que daquela fixeramos acompañados de Milucho, xa falecido, e de Fernando Patricio.
Duración aproximada: 2 horas e media. Doado de andar.