Descripción
Inscrición pechada. Todas as prazas cubertas.
Os próximos 17 e 18 de xuño (sábado e domingo) teremos a oportunidade de coñecer con visitas guiadas os monumentos da Rota do Românico nos vales do Sousa e Tâmega, no distrito do Porto.
Día 17. Comezaremos a visita no Mosteiro de Paço de Sousa (Penafiel), exemplo e modelo da arte románica da zona. Despois seguiremos polas pequenas e belas igrexas de Boelhe, Vila Boa de Quires e Abragão, onde tamén visitaremos o Centro de Interpretação da Escultura Românica. A cea e a noite serán na localidade de Amarante (Hotel Navarras).
Día 18. A mañá seguinte camiñaremos (6 km., fácil) pola Ecopista do Tâmega até Gatão, fermosa igrexa románica en cuxo cemiterio repousa o filósofo e escritor Teixeira de Pascoaes, home moi relacionado con Galiza e figura sobranceira entre os membros da Xeración Nós. Despois visitaremos os mosteiros de Mancelos (onde nos deteremos especialmente na figura do pintor Souza-Cardoso), Travanca e Pombeiro, co seu órgao neoclásico en pleno funcionamento.
Prezo combinado do transporte, seguro, aloxamento (cuarto duplo), cea do 17 e xantar do 18: 120 € (soci@s); 140 € (non soci@s); 60 € menores. Suplemento cuarto individual: 27 €. Prioridade soci@s. Saída do autocarro: sábado 17 ás 08h00 de Betanzos (polideportivo). Chegada domingo 18 ás 21h30.
A ACLP Roxín Roxal non cobra ningunha cantidade por esta actividade. Os gastos de preparación, publicidade, organización, visitas e guías comentadas corren a cargo do orzamento xeral da Asociación, que se nutre das cotas das persoas socias e das subvencións da Deputación da Coruña.