Descripción
20 de setembro de 2025
O proxecto LABRECOS (Dordaño, Cesuras) merece ser coñecido e valorado: “É un estilo de vida. Seguimos dedicándonos á produción de horta e cría de gando seguindo prácticas máis sostibles e rexenerativas que respecten os equilibrios da natureza.” (labrecos.com)
Coa guía do arqueólogo Antón Malde camiñaremos polos arredores para visitar dous elementos patrimoniais de moito interese: os castros de Dordaño e o chamado Torre de Mira, co seu impresionante muro defensivo. Percurso bastante doado (3.5 km.), a non ser pola maleza que poida haber nos arredores do castro.
Roteiro aberto e gratuíto. Traer comida para xantar no local da granxa Labrecos. Saída ás 10h00 da granxa Labrecos Sociedade Cooperativa Galega.
https://maps.app.goo.gl/gZyuBpCZVu4WibCj8