Descripción
As tropas galegas de Fernando de Castro enfróntanse na Ulloa a un exército mercenario franco-castellano co futuro da Galiza en xogo.
Guía de Marcos Abalde e do persoal da Eira da Xoana. Saída do autocarro ás 9h00 de Betanzos (Zona polideportivo). Camiñada de 9 km (aprox), bastante doada. Visítase o lugar da batalla, o castelo de Pambre (exterior) e o castro de Remonde. Xantar na Eira da Xoana (Ramil, A Golada). Acto informativo sobre a instalación da macrocelulosa Altri na localidade. Regreso a Betanzos sobre as 20h00. Traer comida e bebida. Prezo do transporte 14 € (Socios/as); 17 € (non socios/as); 7 € menores. Preinscrición en roxinroxal.gal antes do 18/04/24. Prioridade socios/as.