Unha palestra colectiva expón os achádegos arqueolóxicos da bisbarra
A Rede do Patrimonio Cultural difunde unha palestra coral que amosa unha mirada das terras do Támega dende diferentes perspectivas, nunha liña de traballo que aposta pola integración dos diversos axentes, tanto na investigación como na proxección e a xestión dos bens patrimoniais.
O acto foi emitido na páxina de Facebook da Rede do Patrimonio e na canle de YouTube de Roxín Roxal, onde segue dispoñíbel.
Bea Comedador, Víctor Muñiz, Nieves Amado, Andrés Diz e Fernando Serrulla interveñen nesta palestra, que presenta Soledad Felloza.