Xa está aquí a programación dos Roteiros de Outono 2023. Á parte da Rota do Românico, actividade suspendida no mes de xuño e que terá lugar na fin de semana do 30 setembro e 1 de outubro, programamos dous roteiros para os domingos 15 e 29 de outubro. Ide marcando as datas no calendario!
Domingo 15 de outubro: Monte Xalo: as pedras que falan. O Monte Xalo, a escasa distancia da Coruña, e un espazo singular de grande valor ecolóxico e paisaxístico. Cada un dos seus penedos (pedra da Mazafacha, penas Galleiras, Igrexa dos Mouros…) gardas historias certas e sorprendentes lendas. Guía o percurso Lois Vilar Hermidas, experto coñecedor da zona. Actividade gratuíta.
Domingo 29 de outubro: Ámeto Mítico, camiños do Cebreiro. Camiñaremos entre O Cebreiro e Pacios mentres gozamos dunha ruta de interpretación xeopoética baseada na escoita, lectura e interpretación de poemas do libro Ámeto Mítico. Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago e outra rotas de Uxío Novoneyra cos topónimos xeolocalizados. Guía a poeta e xornalista Nieves Neira. Xantar en restaurante e actividade de tarde incluída no festival Eidos de Outono.
Ambas son actividades abertas con prioridade para persoas socias e inscrición necesaria. Abriremos as inscricións con quince días de antelación á realización da actividade. Seguiremos informando.