Conmemoramos o décimo aniversario de Roxín Roxal percorrendo de novo o primeiro roteiro realizado en 2005, no que visitaremos as pontes do Porco e de Lambre, os muíños da Misericordia e de Chantada e diversas fontes, igrexas e paraxes naturais.
Guiaron Antón Malde e Xesús Torres. En Chantada o mestre Xosé Dopico falounos sobre a súa localidade natal.