Sábado 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. A ACLP Roxín Roxal, xunto con outras 20 entidades veciñais, sindicais e ecoloxistas, participa na convocatoria dunha manifestación en contra da ofensiva dos megaproxectos eólicos, que están a punto de estragar medio país. Hora de saída: 12 do mediodía, Alameda de Compostela.
Por un uso racional das enerxías renovábeis! O noso monte e o noso patrimonio están en perigo. Sacrificio para o rural, beneficio para o capital. Non faltes!