Desde a Asociación Cultural Monte da Estrela estamos interesados en difundir os lazos que unen o pobo galego e a súa cultura co resto de países lusófonos, nomeadamente no tocante ao noso idioma. Con este obxectivo, queremos comezar neste ano 2013 unha actividade que demos en chamar a “Noite da Lusofonía“.
Nesta primeira edición queremos centrarnos en Portugal, un estado que, a pesar da súa proximidade xeográfica coa Galiza, é un grande descoñecido para a maioría do pobo galego, especialmente a súa cultura nas súas diferentes expresións. Neste caso, ademais, pretendemos que a actividade teña un contido reivindicativo, unindo a divulgación da cultura portuguesa con todo o que supuxo o 25 de abril de 1974, a experiencia revolucionaria, a literatura e música do Zeca Afonso, a vixencia da loita nos nosos días, etc.
A “Noite da Lusofonia” decorrerá na próxima sexta-feira (venres) 26 de abril, ás 21h, no Bata de Guata de Arteixo (r/ Xeneral Mosquera Palleiro, 2). Contaremos coa presenza de Augusto Canetas, un escritor e cantautor portugués que se dedica a divulgar a obra de Fernando Pessoa ou Miguel Torga, poñéndolle música á súa poesía; ademais de interpretar tamén temas do propio José Afonso.
Enviamos adxunto o cartaz da actividade.
http://montedaestrela.org/noite-da-lusofonia-portugal
Agardámoste!