O mercado de produtos de segunda man organizado polo Concello de Abegondo e aAsociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”, busca crear un espazo onde se poida vender ou intercambiar obxectos usados para fomentar a participación da cidadanía na reutilización de produtos e na redución de residuos cara unha sociedade máis sostible.
Esta actividade enmárcase dentro da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e no proxecto de cooperación “Territorios rurais comprometidos na loita contra o cambio climático”, no que a Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos” traballa dende o ano 2011 conxuntamente con outros oito Grupos de Desenvolvemento Rural de toda España, e que financia o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.
A celebración do “I Mercado de segunda man e troco de Abegondo” realizarase o día 13 de outubro, no Campo da Feira do concello de Abegondo.
Os postos de venda e troco serán gratuítos e poderán ser ocupados por asociacións, entidades ou particulares.
Para participar será indispensable cubrir a ficha de solicitude que se xunta.
Contarase cun total de 40 postos, que serán cubertos segundo a orde de inscrición.
Instalarase unha carpa na zona para a protección de posibles inclemencias climáticas.
Máis información e envios da ficha de inscrición para participar:info@marinasbetanzos.org ou 981 669541