Francisco Pico Pena -Paco da Picota- presentou o pasado venres 14 de outubro o seu libro Recordos daquel pasado. O autor verte neste libro as súas lembranzas sobre a vida dun Vigo (Paderne) xa desaparecido. Un referente e unha lección para todas as persoas novas que non viviron estas realidades.
Roxín Roxal congratúlase en apoiar e difundir este precioso testemuño, xurdido da iniciativa deste singular veciño e tamén da súa neta, Nuria Pico, quen edita o libro. A publicación vai prologada polo escritor betanceiro Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa 2021. O acto, celebrado no Salón Azul do Edificio Arquivo de Betanzos, contou cunha numerosísima afluencia.
O libro véndese ao prezo de 15 €.
![](https://roxinroxal.gal/wp-content/uploads/2022/09/IMG20220919102242.jpg)
![](https://roxinroxal.gal/wp-content/uploads/2022/09/IMG20220919102314.jpg)
![](https://roxinroxal.gal/wp-content/uploads/2022/09/IMG20220919102602.jpg)
![](https://roxinroxal.gal/wp-content/uploads/2022/10/WhatsApp-Image-2022-10-17-at-09.46.33.jpeg)
![](https://roxinroxal.gal/wp-content/uploads/2022/10/WhatsApp-Image-2022-10-17-at-09.46.32.jpeg)