FERROL OBREIRO. DOUS SÉCULOS DE HISTORIA
Para rematar os roteiros de primavera 2012 ficades convidados a percorrer en catro horas douscentos anos da historia da loita obreira ferrolá, desde os levantamentos obreiros de principios do XIX até a actualidade, pasando polos tráxicos acontecementos de 1972. Visitaremos lugares emblemáticos no histórico desenvolvemento industrial ferrolán, como a porta de Fontelonga. Contaremos coa presenza de protagonistas directos no movimento obreiro e coa colaboración especial de Eliseo Fernández, historiador da loita proletaria na cidade.
Remataremos con tempo suficiente para participar no tramo final da manifestación comarcal en defensa do sector naval que terá lugar ese mesmo día: pasaremos en minutos da gloriosa historia ao dinámico presente da loita obreira en Ferrolterra. E para xantar a fundaçom Artabria cederanos os seus locais: traede a comida porque a bebida pódese mercar alí.
Vémonos o domingo 10 ás 9.30 horas no peirao de Curuxeiras!