novembro, 2024
17nov12:00Mudemos de rumbo. Polo futuro do galegoManifestación en Santiago
Sinopse
Roxín Roxal apoia a manifestación que, convocada pola plataforma Queremos Galego, se celebrará en Santiago o próximo domingo 17 de novembro. Novos datos poñen
Sinopse
Roxín Roxal apoia a manifestación que, convocada pola plataforma Queremos Galego, se celebrará en Santiago o próximo domingo 17 de novembro.
Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua.
Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada
nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza
da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén
no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual
ou nas actividades comerciais e económicas. Así o vimos denunciando de hai
anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello
de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza que haberá
de mudar a actitude sobre o galego.
Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando
polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar,
asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza
e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta
e de non se ter posto en práctica nos últimos 15 anos, mantén obxectivos
plenamente vixentes. O PXNLG, como grande acordo nacional pola lingua,
debe ser reactivado como punto de partida dunha nova política a favor
do noso idioma e da súa normalización.
Máis
Cando
17 novembro 2024 - 12:00
Deixa un comentario