decembro, 2026

12dec20:00Cinema | A avoa e o amorCine Alfonsetti (Betanzos)

Sinopse

A avoa e o amor é unha longametraxe de 2026 escrita e realizada por Raul Veiga, con Francisca Sobrinho, Tiago Araújo e Xosé Barato nos principais papeis.

A filmaxe tivo lugar, en portugués e galego, en Ponte de Lima e a súa contorna (a Casa de Vilar de Rei, onde se sitúa a localización principal do filme), con algunhas escenas na Galiza.

É unha comedia dramática de 97 min de duración, ambientada no outono, á volta dos temas do amor, a identidade e a memoria, onde a relación entre a Galiza e Portugal e a preocupación pola lingua e a cultura galegas teñen un papel de relevo. Está recomendada para maiores de 12 anos.

Entreda gratuíta até completar capacidade. Coloquio co director do filme.

Máis

Cando

12 decembro 2026 - 20:00

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir

Cinema | A avoa e o amor
X