marzo, 2025
29mar19:00Evento VirtualAs mulleres na construción da nación galegaConversa con Lucía Veciño

Sinopse
Recentemente Vía Galega editou un caderno con este título, no que se recolle o papel protagónico das mulleres na historia de finais do século XIX e
Sinopse
Recentemente Vía Galega editou un caderno con este título, no que se recolle o papel protagónico das mulleres na historia de finais do século XIX e do século XX na Galiza. A través deste traballo coral no que participan Aurora Marco, Pilar G. Negro, Marga Corral, Carme Vidal, Daniela Ferrández, Montse Fajardo e Lucía Veciño repasamos a impronta imborrábel e imprescindíbel das mulleres na guerrilla antifranquista galega, nas loitas obreiras e agrarias, na construción e posterior reconstrución do nacionalismo galego e na loita polas liberdades sexuais. Asemade, recuperamos os nomes dalgunhas delas que ficaron borradas polo medo, polo esquecemento ou pola desinformación.
Así, esta pequena publicación que xa está en distribución pretende contribuír á memoria e á historia dun pobo cheo de dignidade, combatividade e rebeldía que as mulleres construíron.
Máis
Detalles do evento Virtual
Este evento xa pasou!
Cando
29 marzo 2025 - 19:00
Deixa un comentario