“Aquí tamén se fala” é un proxecto que comezou no IES Rafael Dieste, na cidade da Coruña, e que xa se estendeu por máis de 250 centros de todo o país.
#aquítaménsefala é unha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudantil, con accións directas nos barrios e na contorna inmediata de cada alumno.A campaña pon especial atención á música e á cultura galega realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas redes sociais.
Queremos rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala galego. Ou de que no mundo da empresa non se usa, nin nos barrios, nin nas vilas… E para acabar con estas mentiras exercemos como técnicos/as de normalización lingüística.
A revitalización da nosa lingua precisa de experiencias educativas ben sucedidas como esta!