Despois do bo sabor de boca que nos deixou o pasado ano o concerto do grupo vocal Canta Compaña no mesmo lugar, este 22 de decembro voltan boa parte dos seus compoñentes á Igrexa de Santiago baixo a forma de sexteto vocal.
Winterreise – A nosa viaxe de inverno é o nome deste concerto, unha denominación que sen dúbida fai referencia ao ciclo de lieder composto por Franz Schubert no primeiro terzo do século XIX sobre poemas do escritor romántico Wilhelm Müller.
O concerto tivo lugar na igrexa de Santiago ás 20:00 horas.