Como todos os anos, no domingo máis próximo ao 18 de xullo, faremos a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo na illa de San Simón.
As propostas que chegaron tiñan en común a lembranza dos mariñeiros e soldados que desobedeceron aos golpistas para poñerse ao servizo do pobo, sendo por isto moitos deles masacrados. Pendente de concretar as intervencións por problemas de tempo, ese sería a significación específica que podería ter a conmemoración deste ano.
Os problemas de tempo veñen derivados do problema das mareas e do embarque desde Cesantes. Segundo isto o horario sería o seguinte:
Teriamos que pór o seguinte horario:
1º.- 11,15
2º.- 11,40
3º.- 12,00
Pola experiencia que temos hai que dar esta marxe de 20.25 minutos polo menos entre embarque e embarque
O acto central na illa sería ás 12,30
E o regreso faríase a partir das 13:30 h.
A CRMH da Coruña vai poñer un bús para ir ese día ao acto en San Simón, que sairá da parada de autobús en fronte da igrexa de San Pedro de Mezonzo ás 9’15 h. da mañán do domingo 21 de xullo. O custe do bús, dependendo do número de persoas que se apunten, será entre 5 e 10 euros (ida e volta) por persoa. A hora de volta, máis ou menos, será sobre as 14.30-15.00 h.
Por iso este ano a axenda reducirase ao acto na Illa de San Antón.
Xa que logo, pregamos que á maior brevidade posible, as persoas que estean interesadas en asisitr a este acto se anoten contestando a este correo: crmhacoruna@gmail.com, para ter así unha avaliación da xente da comarca da Coruña que poda asistir ao devandito acto nacional.
Agardando vérmonos todxs en San Simón, recibide un cordial saúdo.
Rubén Afonso Lobato (secretario da CRMH da Coruña)