Un novo percorrido polo inesgotábel patrimonio natural e etnográfico do Concello de Paderne, no que visitaremos experiencias revitalizadoras do rural, aprenderemos sobre a historia da parroquia de Vigo a cargo de Francisco Pico Pena (autor dun recente estudo etnográfico) e visitaremos as igrexas de Vilamourel e Adragonte, co seu singular retábulo. Remataremos no establecemento turístico Casa de Sixto, en Sas (parroquia de Vilouzás).
Data: 24/09/22
Saída: 9h15 da praza de Vigo (Paderne), xunto ao local social da parroquia.
Distancia a percorrer: 13 km. Salvo a longa distancia, o percurso é de baixa dificultade.
Gratuíto. Fará falta anotarse até o 20 de setembro nesta mesma páxina web.