Palestra do arqueólogo Xurxo Ayán organizada pola Rede do Patrimonio Cultural no marco da celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial.
Nesta palestra, a primeira do ciclo de outono de 2020, Xurxo expón as actuacións arqueolóxicas de extraordinario interese que se desenvolven na Ribeira Sacra, no concello da Pobra do Brollón.
 
						    	     
						    	     
				             
					                

