Da man de Compás Proxectos percorremos as paraxes da ribeira de Souto, onde tivemos a oportunidade de observar a fauna avícola da ría. Despois camiñamos até os muíños de Chantada e, xunto con Francisco Porto, escoitamos tamén a Xosé Dopico, antigo veciño da localidade e usuario dos muíños.
Roxín Roxal avoga pola conservación da maltratada Ría de Betanzos (lixo acumulado, vertidos contaminantes, motos de auga…) e a restauración respectuosa dos bens patrimoniais do concello de Paderne. Voltará a nosa ría ser unha fonte de riqueza marisqueira, como o foi anos atrás?