No Baba Bar:
Xoves 13 De Febreiro ás 22:00
Tradición 2.0 Ese Show!!
Roxín Roxal e As tres costureiras de Puxares son dúas lendas autenticamente tradicionais. E que despois de seren actualizadas segundo o programa “Tradición 2.0”, serán servidas con gornición de “contos que non son contos”.
O universo concentrado en vivencias de Amor, cacerías de feras (tampouco fai falta ir a África), cabaleiros andantes, cráneos, Raíñas e Santos.
Todo pasará naquel Baba Bar (R/ Pérez Cepeda, 23, A Coruña) naquela hora entre as 22:00 e as 23:00 aprox. daquel xoves 13 do mes que corre do ano que andamos, 13 Febreiro 2014. Por 5 euros con consumición.
Reescribindo a historia para irreverentes.
Ven vivir a aventura histórica máis extrema da sensibilidade máis profunda.
César Cambeiro, arriscando a súa integridade física e mental, confirmou a asistencia.
Máis información: www.bababar.es
No Hacedor de Charlas:
Sábado 22 de Febreiro e serán 3 pases: 20:30, 21:15 e 22:00
Tradición 2.0 Segunda parte por César Cambeiro, un Tareixo
“Roldán e as tres costureiras de Puxares”, a lenda.
A enteireza destas Costureiras, a súa idiosincrasia, o seu desafío, o seu saber estar, o seu aquel, o seu irrenunciable principio co que se enfrontaron ó máis intrépido dos Cabaleiros, e que antes quixeron ser pedras que vérense sometidas por el. Ai, Roldán! Roldán! Se marcharas antes para Roncesvalles como che cambiaría o conto!
20 minutos que concentran a clave que nos ocultaron no Cantar de Roldán, 20 que poñen luz nunha historia censurada, 20 de aventura ó lado do máis destemido dos Cabaleiros. Total: 20 minutos de xustiza necesaria para “Tres Costureiras de lenda”.
No Hacedor de Charlas. R/ Tte. G. Gómez Zamalloa, nº 5 A Coruña
Sábado, 22 de Febreiro. Tres pases: ás 20:30, 21:15 e ás 22:00 (GMT, adaptado á hora de Galicia)