O cantautor Rogelio Botanz (Legazpia, Gipuzkoa, 1956) leva desde os anos 70 integrado na vida cultural canaria. Alí formou, xunto con Pedro Guerra e Andrés Molina, o mítico grupo Taller Canario de Canción. Entusiasta divulgador do silbo gomero, hoxe preséntase cun orixinal grupo de percuteras, instrumentistas da sorprendente percusión tradicional das illas.
A actuación terá lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns (edificio Arquivo), o próximo venres 13 de decembro ás 20:00 horas. A entrada é libre até completar capacidade do local.
O día seguinte, sábado 14, a actuación será na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña, na rúa Santo André.