Ola de novo a todas e todos!
Xa estamos aquí de novo para anunciar as actividades de inverno.
Comezaremos o próximo SÁBADO 26 de Xaneiro, ás 19:00 horas no Local Social da Rúa (Miño). Alí Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística presentará o seu novo libro, Como falar e escribir galego con corrección e fluidez, e Francisco Lópezpresentará a alternativa de escola na nosa lingua Galiza co Galego. Un programa dobre en defensa do idioma galego, nas vésperas da manifestación do domingo 27 en Compostela POLA LINGUA QUE NOS UNE.
Pois iso, vémonos o sábado en Miño e o domingo en Compostela!
Apertas,
RR